martes, 15 de novembro de 2005

PRESENTACIÓN ALTERNATIVA VECIÑAL



NOTA DE PRENSA
.
O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (PXOM) aprobado inicialmente en decembro de 2004 xerou malestar e unha tremenda inquietude nun amplo sector da cidadanía que non foi recollida pola inmensa maioría de asociacións de Veciños desta cidade. Esta insatisfacción crecente por parte de moitos veciños que xa non se senten representados por case ningunha das asociacións veciñais actuais propiciou, en prácticamente todas as parroquias de Vigo, un movemento de persoas, ideas, inquietudes e actuacións, que buscan crear e presentar alternativas veciñais ao PXOM. Para iso concretamos:

1. Defender para Vigo un modelo de ordenación urbanística e industrial, de infraestructuras e transporte, razoable, respectuoso e sostible, que RESPECTE A OPINION DOS CIDADÁNS, sen ocultacions, desinformacions e distraccions, baseado no diálogo, a información e o razonamento reais de todos os vigueses.

2. Esixir ao Goberno e os grupos municipais que dean contestación a todas as alegaciones realizadas por particulares e colectivos, e que lles sexan remitidas aos mesmos antes da aprobación do Plan polo Pleno Municipal.

3. Esixir a celebración do REFERENDUM solicitado por máis de 21.000 cidadáns, como proba do rexeitamento ao Plan Urbanístico que nos queren impoñer para beneficio duns poucos e en contra do interese xeral.

4. Seguir traballando e loitando por un urbanismo serio, legal e que de resposta ás necesidades de Vigo, concretado nun PXOM diferente ao que se propón que só satisfai a políticos e promotores con claros obxectivos especulativos.

5. Presentar, no seu momento, os informes e dictames xurídicos que avalan as nosas posicións, na certeza de que nos mesmos solicitaranse as responsabilidades persoais e patrimonial daqueles que promoven un PXOM claramente ilegal.

Vigo, 15 Novembro 2005

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.