NOTA DE PRENSA
.
Algo, moi importante, falla, ou falta, no sistema democrático para que, no municipio de Vigo, a sensación de ilegalidade e impunidade sexa continua. Otorgamiento de licenzas máis aló da lei. Construción máis aló das licenzas. Abandono de funcións en materia de infracción urbanística. Xogar ao escondite co novo PXOM. Ninguén pode impedir que un Goberno Municipal faga dejación de funcións, ou que unha maioría na Corporación Municipal adopte unha resolución que viola a lexislación vigente.
Esta situación, na que os cidadáns temos que sufrir as consecuencias das accións ou omisiones dos nosos Representantes Públicos, produce unha verdadeira ALARMA SOCIAL na poboación, que se ve obrigada a intervir para defender e restaurar a legalidad. Intervención en condicións durísimas, onde, no trámite administrativo, os cidadáns vense obrigados a saír á rúa, e, pola vía legal, a prevención é moi difícil, e a reparación é longa, custosa e ten moi mal pronóstico.
A situación fai imprescindible que exista un mecanismo de control eficaz dentro da propia administración, e que se dote á administración de xustiza de máis medios para que a súa actuación sexa rápida. Así mesmo, é necesario que un aire limpo e fresco entre con forza na Casa do Concello para remover os obstáculos que impiden que A Casa sexa de todos, que o Consello represente ao pobo, e que os funcionarios dean un servizo eficaz e de calidade a todos os vigueses. Ese vento deberá alinear todos os esforzos humanos na dirección de facer do Concello de Vigo un lugar onde a honradez, a convivencia, o respecto á lei e aos cidadáns, e o ben facer, sexan valores apreciados, practicados, promovidos e defendidos por políticos e funcionarios para exemplo, beneficio e satisfacción de toda a poboación.
Os veciños debemos tomar a iniciativa, dada a actual situación de desamparo, fronte a políticos e funcionarios que actúan con impunidade. Un amplo movemento veciñal de base que defenda unha alternativa veciñal para acabar con este grave estado de indefensión.
Vigo, 15 Decembro 2005
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.