domingo, 29 de xaneiro de 2006

DEPURADORA PESTILENTE

Pestilencia.
.
Non moi lonxe, hai que facer un alto na depuradora do Lagares (CORUXO). As obras de mellora deberían concluír esta mesma primaveira, pero a saber. Máis de dous millóns de euros para acabar cun cheiro pestilente e construír un depósito de lodos.
-Víase vir desde que morreron os patos que soltou o conselleiro Cuiña, tratanto de demostrar que aquilo estaba limpo e puro. A cidade suspira por unha estación depuradora como Deus manda desde comezos dos 90.
-En abril do 96, cando se estaba empezando a construír, un informe técnico xa alertó sobre as graves carencias técnicas da instalación. Díxose que non había un sistema de eliminación de lodos fiable, que se verterían ao mar augas sen tratar e que inclumplía a normativa europea.
-A cousa acabou sendo tan evidente que a Consellería de Medio Ambiente non tivo máis remedio que dar o seu brazo a torcer e, agora mesmo, está estudando o mellor emprazamento para a construción dunha nova planta.
-A Xunqueira do Lagares, unha das poucas xoias ecolóxicas que lle quedan a Vigo e que é un estratéxico lugar de paso para aves migratorias, sobrevive entre as instalacións e vese ameazada pola presión dos novos edificios previstos nas súas proximidades ao abrigo do plan xeral.

xoves, 19 de xaneiro de 2006

SEIS MANIFESTACIÓNS AO PXOM


A cidade volve acoller hoxe seis manifestacións veciñais contra o PXOM
.
Seis das principais parroquias viguesas sairán de novo hoxe á rúa para protestar contra o plan xeral de ordenación municipal. Colectivos de Matamá, A Salgueira, Sárdoma, Teis, Alcabre e Lavadores.
-As concentracións serán ás oito da tarde. Na última ocasión na que coincidiron nas rúas distintas protestas contra o plan xeral se originó un importante atasco circulatorio no casco urbano.A oposición veciñal solicita a anulación ou a reforma da rólda perimetral prevista para conectar distintas zonas do rural vigués, así como cambios de usos en varias zonas.
-O plan xeral provocou a presentación de máis de 60.000 alegacions no Concello. O goberno local prevé aprobar definitivamente o documento en poucas semanas, para a súa remisión á Xunta. A intención é que entre en vigor este ano.

domingo, 8 de xaneiro de 2006