domingo, 29 de xaneiro de 2006

DEPURADORA PESTILENTE

Pestilencia.
.
Non moi lonxe, hai que facer un alto na depuradora do Lagares (CORUXO). As obras de mellora deberían concluír esta mesma primaveira, pero a saber. Máis de dous millóns de euros para acabar cun cheiro pestilente e construír un depósito de lodos.
-Víase vir desde que morreron os patos que soltou o conselleiro Cuiña, tratanto de demostrar que aquilo estaba limpo e puro. A cidade suspira por unha estación depuradora como Deus manda desde comezos dos 90.
-En abril do 96, cando se estaba empezando a construír, un informe técnico xa alertó sobre as graves carencias técnicas da instalación. Díxose que non había un sistema de eliminación de lodos fiable, que se verterían ao mar augas sen tratar e que inclumplía a normativa europea.
-A cousa acabou sendo tan evidente que a Consellería de Medio Ambiente non tivo máis remedio que dar o seu brazo a torcer e, agora mesmo, está estudando o mellor emprazamento para a construción dunha nova planta.
-A Xunqueira do Lagares, unha das poucas xoias ecolóxicas que lle quedan a Vigo e que é un estratéxico lugar de paso para aves migratorias, sobrevive entre as instalacións e vese ameazada pola presión dos novos edificios previstos nas súas proximidades ao abrigo do plan xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.