xoves, 21 de decembro de 2006

AFECTADOS NOVA DEPURADORA




«Imos seguir loitando polas nosas vivendas e iremos pola vía xudicial»

Afectados Depuradora.
.
O mal funcionamento da actual estación depuradora do Lagares, en Vigo, afecta directamente ás familias que residen en 23 vivendas próximas e que desde hai dez anos soportan cheiros e vertidos. Onte recibiron como un xarro de auga fría a confirmación de que se fará unha nova macrodepuradora na zona. «Sentounos como unha patada, pero imos seguir loitando polas nosas casas ata o final e iremos pola vía xudicial», advertíu a portavoz, Rita Campos.

Os veciños pregúntanse que valor ten o pleno da corporación de Vigo e a palabra dos seus representantes políticos. Campos mostraba onte a acta dunha sesión celebrada o pasado 27 de xullo, na que os grupos municipais comprometéronse por unanimidade a non ampliar a depuradora.
rRRRRRRRRRR
Realoxos
.
Mentres preparan unha nova manifestación para o vindeiro domingo, pregúntanse ata onde vai chegar agora a afección da nova planta de cara a posibles realoxos.

A alcaldesa, Corina Porro, dixo onte que haberá unha proposta xenerosa para as 23 familias (con algunhas delas, o Concello xa está negociando e a saída parece fácil). «Empeño a miña palabra», asegurou a alcaldesa. A rexidora asume que a solución que lle propuxo á Xunta ten un custo económico e social, pero a defende porque beneficiará ás preto de 500.000 persoas que viven nas dúas marxes da ría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.