venres, 15 de decembro de 2006

O PXOM INSOSTIBLE E ILEGAL








NOTA DE PRENSA

O PXOM de Vigo "insostible e ilegal"
.
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo é un proxecto "insostible e ilegal" de acordo coa normativa urbanística que se está promulgando desde o Estado e desde a Xunta de Galicia, segundo os movementos veciñais Outro Vigo é Posible e Alternativa Veciñal, que onte presentouse unha campaña de recolleita de sinaturas para pedirlle ao Presidente da Xunta a súa anulación. Un posto no MARCO solicitará esas sinaturas a partir do próximo martes 19 de Decembro, para ser remitidas á Xunta a primeiros de xaneiro.

-"Estamos de acordo coas políticas urbanísticas que está suscitando a Xunta", sinalou Mariña Troncoso, secretaria de Outro Vigo é Posible. "cambiou o escenario desde que en 1999 empezou a realizarse o PXOM de Vigo, hoxe hai promotores e políticos no cárcere, e cremos que a legalidade debe determinar a norma de conduta".

- O propio Estado rexeitaría as previsións do PXOM sobre o incremento superior ao 100% no parque de vivendas e ao 40% do censo, "cando cada vez hai máis vivendas baleiras (21.000)". O PXOM recalifica dez millóns de metros cadrados de solo rural en urbanizable, "unha cesión do poder político á iniciativa privada para que esta diga onde, como e cando se constrúe a cidade", apuntou Troncoso entre os aspectos rechazables.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.