(YASHMINA SHAWKI- A VOZ)
.
DESGRACIADAMENTE hai infinidade de abusos, mentiras e inxustizas que indignan e que exacerban a sensación de impotencia dos vigueses que pagamos rigurosamente os nosos impostos e intentamos aportar algo á sociedade na que vivimos. E é que resulta inaceptable que teñamos que seguir consentindo que, aqueles que se amparan no seu poder, o seu diñeiro ou, simplemente quen, utilizando a coacción, queren impoñer a súa vontade a costa do ben común.
Lendo o artigo do representante de Aproin esta semana na Voz, no que manifiestaba a súa indignación polo atraso na aprobación do PXOM e a evidente carreira política entre partidos para colgarse a medalla, e no que proclama na sua defensa da legalidade e o desenvolvemento da cidade, non puiden por menos que sentirme insultada. Insultada pola constante utilización da ameaza por parte dos empresarios da construción que vinculan o progreso desta cidade á edificación desmesurada e sen sentido. É moito máis fácil e máis rápido facer diñeiro especulando co valor do solo e vendendo a un prezo absolutamente exponencial pisos cada vez máis pequenos, que crear riqueza fomentando o emprego estable cunha industria que aposta polo desenvolvemento sostenible.
Fronte aos emprendedores que reclaman, con razón, máis solo industrial , os constructores só buscan saturar aínda máis unha cidade con exceso de vivendas baleiras e unha poboación en desbandada á periferia pola perdida de poder adquisitivo. Vigo non necesita especuladores senón xestores, non necesita máis pisos senón infraestructuras, parques e xardíns, non necesita máis contaminación senón recuperación. Iso si é desenvolvemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.