venres, 5 de xaneiro de 2007

O BNG O PAI DO PXOM


















.
.
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE VIGO
(O PAI DO PLAN XERAL DE VIGO)
.
Santiago Domínguez Olveira, renova ao máximo a lista do BNG e vén á cidade sen paracaídas, para quedar a traballar polo menos catro anos; “non veño xogar con Vigo, eu non poño a cidade de segundo prato”.

Quedaron fóra das listas, seis concelleiros que apoian o PXOM de Vigo, particularmente o denominado patriarca do PXOM, o Sr.Toba... e outros, como o Sr. Enrique Viéitez ou Amador Fernández, que están convencidos de que o Plan Xeral de Vigo, é un bo plan, e ben saben, que a aprobación do PXOM de Vigo no pleno do mes de Maio pasado, foi ilegal de pleno dereito.

O Sr. Domínguez Olveira, non quere esquecer tampouco, os problemas e dores de cabeza, que ata a data carrexa o PXOM de Vigo, pois non renuncia a ter recordatorios coa súa nova lista. Non esquezamos que a Sra. María José Méndez, é concelleira do Grupo Municipal do BNG en activo e malia saber que coa aprobación do PXOM en pleno do mes de maio pasado, estábase a cometer unha ilegalidade, posto que, Alternativa Veciñal, envioulles por rexistro xeral do Concello, un Ditame Xurídico, elaborado por un gabinete de Avogados desta cidade, denominado Exame de Legalidade, onde se acredita que o Plan Xeral, é ilegal de pleno dereito e con coñecemento votou a favor do mesmo en compaña do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego , o Grupo do Partido Popular e o Grupo do Partido Galeguista, unha mestura non entendida por razóns ideolóxicas, ou iso pensabamos algúns...

E que dicir de Elena Maure, Arquitecta, especialista en urbanismo, que traballou con Consultora Galega, a redactora do PXOM de Vigo? mais do mesmo, ...a onde quere chegar o Sr. Domínguez Olveira?, non esqueza que a cidadanía é soberana e polo tanto saberemos estar no noso sitio, o mes de Maio está moi preto.

Vigo, 27 de Decembro de 2006

Asociación Afectados Ameixeira (Alcabre)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.