.
.
.
A alcaldesa e os representantes dos tres principais sindicatos pecharon onte a prórroga dos convenios de colaboración que desde fai varios anos mantén o Concello con UXT, CC OO e CIG. Santos Héctor, José Cameselle e Xerardo Abraldes reuníronse a media mañá de onte coa alcaldesa, a quen acompañaba a concejala de Participación Cidadá, Marta Igrexias, para resolver esta cuestión.

Os representantes sindicais valoraron a disposición da responsable municipal xa que os acordos seguen adiante pese a que o Concello vigués funciona nestes momentos cun orzamento prorrogado e previsiblemente seguirá na mesma situación durante 2007 co agravante de que será o segundo exercicio consecutivo.
En total os sindicatos recibirán de fondos municipais 87.000 euros, que se destinan ao mantemento de oficinas de información nas súas sedes (27.000 euros) e os 60.000 restantes para campañas de actuación no área de Benestar Social. Neste último caso actúan de acordo coas oficinas municipais para gestionar axudas relativas a urbanismo, emprego, salario de inserción, familiares ao seu cargo e igualdade.
Porro pediulles onte aos dirixentes sindicais colaboración para explicar as favorables condicións que poden obterse para a instalación de empresas no Casco Vello.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.