
O CONTO DA LEITEIRA
..[a esixencia de contar con plans de reducción de emisións de gases para informar favorablemente aos plans xerais (PXOM) por parte da Consellería de Medio Ambiente] "en principio a Vigo non lle afectaría, falta cumprir coa orde da Xunta, contar coa excepcionalidade que nos dará Medio Ambiente, e xa cumpriremos" (Carmela Silva)
.Temos que aclarar á nova concelleira de urbanismo de Vigo que a excepcionalidade que se pide para o PXOM non é para que non cumpra a lei e a directiva comunitaria de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), senón para non someterse ao procedemento establecido en devandita lei e directiva.
.Polo tanto, desde o punto de vista da legalidade e a garantía de que o Plan non vai aumentar a contaminación nin prexudicar ao medio ambiente, é evidente que o PXOM debe dispor dun estudo de mobilidade que sexa sostible e que minimice as emisións de gases á atmosfera.
.O concello de Vigo non é alleo ao quentamento global nin ao protocolo de Kioto.
.Sabemos que estes temas non preocupaban nin ao equipo redactor, nin ao xerente de urbanismo, nin aos grupos municipais que querían aprobar o Plan co escape libre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.