¿Queres gañar máis de 3.000 euros ao mes? ¡tardes libres! ¡sen periodo de proba! ¡a partir do primeiro día, sen necesidade de antigüedades nin trienios! ¡Sen desprazarte do teu concello! ¡Non fai falta experiencia! (Case mellor sen ela). ¡Non se precisa ningúun tipo de titulación académica, nin sequera estudos especiais! Con estudos primarios ou similar é máis que suficiente.
¡Non precisas demostrar a túa valía para o cargo! ¡Preparación a cargo da empresa! ¡Despacho particular ! ¡Coche a cargo da empresa! ¡Posto a nivel de dirección con plantilla de profesionais ben cualificados ás túas ordes! ¡Traballo de alta consideración social! ¡Comidas de negocios a cargo da empresa! ¡Pluses por asistencia a reunións!
Aquí como na lexión, nada importa o ten oficio anterior: mariñeiro, arquitecto, albanel, avogado, barreneiro, médico, policia municipal, enxeñeiro, carpinteiro, mestre, mecanico...
¿Queres gañar máis de 3.000 euros ao mes? Preséntate as proximas eleccións municipais e faite concelleiro de dedicación exclusiva. ¡Máis de 25.000.000 da antigas pesetas nos catro anos de lexislatura! ¿Que empresa da máis?
La Voz-Opinión
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.