Galicia, no podio dos delitos ambientais
.
Andalucía, Cataluña e Galicia son as comunidades onde se produce un maior número de delitos ambientais. No período 1998-2004 rexistráronse un total de 64. Ademais, Galicia foi a segunda no 2003 e a terceira no 2004 con máis procedementos abertos polo incumprimento das directivas ambientais da Unión Europea.
.
Cambio climático
.
Entre 1990 e o 2004 as emisións de gases de efecto invernadoiro aumentaron un 37% en Galicia, menos que o 45% rexistrado para o conxunto de España. Con todo, Galicia é xunto con Aragón, Asturias, Castela-A Mancha e Castela e León, a autonomía con maior proporción de gases causantes do cambio climático derivadas do sector enerxético.
.
Residuos urbanos
.
Galicia é a comunidade na que cada cidadán xera menos lixo ao ano (333,2 quilos). Pero, aínda así, a cantidade de residuos sólidos urbanos por habitante incrementouse nun 11% entre 1996 e o 2004. Tamén é, logo de Baleares, a comunidade que máis incinera: un 35% no 2004.
.
Solo artificial
.
No 2000, as superficies artificiais ocupaban pouco menos do 2% do territorio de Galicia, cifra similar á do conxunto de España. Pero, no mesmo ano, a superficie artificial nos dous primeiros quilómetros de costa foi do 21% en Pontevedra; o 11% na Coruña e o 5% en Lugo.
.
Agricultura ecolóxica
.
Experimentou un importante avance, pero aínda está lonxe da media española. No 2005 estaban certificadas ou en proceso 9.156 hectáreas, o que supón o 1% da superficie agraria útil, fronte á media nacional do 3,2%.
.
Transporte interurbano
.
O 80% dos desprazamentos motorizados de menos de 100 quilómetros en días laborais fanse en vehículo privado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.