domingo, 7 de outubro de 2007

A INSEGURIDADE XURÍDICA DO PXOM


Os promotores cren que os cambios do PXOM poderían provocar inseguridade xurídica.
.
Se alguén desexa a aprobación inmediata do plan xeral de ordenación municipal de Vigo (PXOM), estes son os promotores inmobiliarios, encargados de investir de novo no terceiro sector que máis factura na cidade logo da automoción e a pesca.
Pero dende a patronal, os portavoces están convencidos de que os cambios anunciados polo goberno municipal no documento urbanístico provocarán «unha grave inseguridade xurídica» no caso de que o PXOM apróbese sen ser novamente exposto ao público.
Tanto o alcalde, Abel Caballero, como a súa concelleira de urbanismo, Carmela Silva, defenden unha aprobación directa sen trámite de alegacións. Ambos entenden que non hai modificacións substanciais nin motivos para acometer outra exposición pública.
E mentres o debate do plan xeral segue vivo, o prezo da vivenda se desacelera en Vigo por falta de demanda. O piso medio cotízase xa a 2.024 euros por metro cadrado, un 21% máis que no ano 2005, pero apenas un 8% por encima do 2006. Por primeira vez na última década, este ano a vivenda experimentará un aumento de prezo situado por baixo dos dous díxitos.
la voz
Alternativa Veciñal vén denunciando dende fai anos, as ilegalidades contidas no PXOM, a inseguridade xurídica está ao día de hoxe nas mesmas condicións que mantiña o goberno anterior.
A Xunta de Galicia, arrímase ás ilegalidades urbanísticas, ao declarar a inviabilidade do sometemento do PXOM a os trámites previstos na Lei 9/2006, sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente (Avaliación Ambiental Estratéxica) AAE.
O alcalde e a concelleira de urbanísmo, decímolo unha vez mais, non saben o que teñen entre mans, o final da historia é, que os tribunais declararán ao PXOM de Vigo de ilegal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.