xoves, 1 de novembro de 2007

A CONSTITUCIÓN E O MEDIO AMBIENTE

Constitución Española, Artigo 45

1. Todos teñen o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de conservalo.

2. Os poderes públicos velarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a calidade da vida e defender e restaurar o medio ambiente, apoiándose na indispensable solidariedade colectiva.

3. Para quen violen o disposto no apartado anterior, nos termos que a lei fixe estableceranse sancións penais ou, no seu caso, administrativas, así como a obrigación de reparar o dano causado.

Constitución Europea, Artigo III-233

1. A política ambiental da Unión contribuirá a alcanzar os seguintes obxectivos:

a) preservar, protexer e mellorar a calidade do medio ambiente;

b) protexer a saúde das persoas;

c) utilizar os recursos naturais de forma prudente e racional;

d) promover medidas a escala internacional destinadas a facer fronte aos problemas rexionais ou mundiais do medio ambiente.

2. A política ambiental da Unión terá como obxectivo un nivel elevado de protección, tendo presente a diversidade de situacións existentes nas distintas rexións da Unión. Basearase nos principios de precaución e de acción preventiva, no principio de corrección dos danos ao medio ambiente, preferentemente na orixe, e no principio de que quen contamina paga. Neste contexto, as medidas de armonización que respondan a esixencias da protección do medio ambiente incluirán, nos casos apropiados, unha cláusula de salvaguardia que autorice aos Estados membros a adoptar, por motivos ambientais non económicos, disposicións provisionais sometidas a un procedemento de control da Unión.

3. Na elaboración da súa política ambiental, a Unión terá en conta:

a) os datos científicos e técnicos dispoñibles;

b) as condicións ambientais nas diversas rexións da Unión;

c) as vantaxes e as cargas que poidan derivarse da acción ou da falta de acción;

d) o desenvolvemento económico e social da Unión no seu conxunto e o desenvolvemento equilibrado das súas rexións.

4. No marco das súas respectivas competencias, a Unión e os Estados membros cooperarán cos terceiros países e as organizacións internacionais competentes.

As modalidades da cooperación da Unión poderán ser obxecto de acordos entre esta e as terceiras partes interesadas. O primeiro parágrafo entenderase sen prexuízo das competencias dos Estados membros para negociar nos foros internacionais e para celebrar acordos internacionais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.