sábado, 29 de decembro de 2007

NOTA DE PRENSA







NOTA DE PRENSA
.
A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE FAVORECEU A 68 ÁMBITOS DE ORDENACIÓN DETALLADA CONTIDOS NO DOCUMENTO DO PXOM DE VIGO SOMETIDO A SEU EXAME, AO NON OBRIGARLLES A REALIZAR A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA.
.
Alternativa Veciñal, dirixiu un escrito ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (CMA) advertíndolle de que:
.
A CMA, na súa resolución do 10 de setembro de 2007 sobre o PXOM de Vigo, omite pronunciarse sobre os ámbitos de ordenación detallada contidos no Plan, e non esixe someterse a Avaliación Ambiental Estratéxica.
A Consellería non da ningunha razón que xustifique eximir de realizar a Avaliación Ambiental Estratéxica a estes ámbitos, cuxa aprobación sería automática coa aprobación do PXOM.
Esta decisión supón unha diferenza de criterio respecto ás ordenacións detalladas que se levarán a cabo no desenvolvemento do planeamento.
Estes feitos constitúen, segundo Alternativa Veciñal, un claro incumprimento da lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente e da Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.
En todo caso, segundo as conclusións do ditame xurídico feito público por Alternativa Veciñal, o PXOM de Vigo debe someterse a AAE, e ás resolucións da CMA sobre esta cuestión son recorribles.
Alternativa Veciñal deu instruccións aos seus servizos xurídicos para que, se a CMA na súa resolución final sobre o PXOM de Vigo exime ao Concello de Vigo de realizar a obrigada AAE do Plan (incluídos os ámbitos de ordenación detallada), valore a interposición de recurso contencioso contra dita resolución.
Teñense enviado copias de dito escrito á Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte e o Presidente da Xunta de Galicia.
.
Vigo 28 decembro 2007
.
Asdo. Domingo Resúa Martínez - Secretario

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.