
Contra a violencia urbanística
.Mentres promotores, institucións e Goberno local negocian, os veciños de zonas afectadas polo PXOM, como Alcabre, Oia, Sayans, Freixeiro, Depuradora de Coruxo, O Castro, Salgueira e outros colectivos, tomaron o sabado día 15, unha vez máis as rúas do centro da cidade para deixar ben claro que se o Plan Xeral segue adiante é contra a súa vontade.
.Grupos ecoloxistas e asociacións como, Verdegaia, Amal, A.C A Revolta, A.C. Caleidoskopio, Bouzas Movete, Foro Social de Cangas, Gas, Loita Verde, Salvemos Monteferro e outros colectivos de cidadáns como Alternativa Veciñal e Outrovigo é Posible, tamén estaban na convocatoria.
.
A manifestación, provocou atascos na zona de Colón, Policarpo Sanz e Urzaiz, xa que a mobilización coincidiu coa hora punta de fin de xornada laboral para moitos empregados do comercio e público en xeral.
.A manifestación finalizón na Rúa do Príncipe fronte ao Marco, onde leuse un manifesto conxunto elaborado por todos os colectivos asistentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.