xoves, 31 de xaneiro de 2008

A APROBACIÓN DO PXOM É ILEGAL


A aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, celebrada o pasado 29 de decembro no Pleno Municipal, incorre en ilegalidade manifesta, segundo despréndese da lei 9/2002 do 30 de decembro, da Ordenación Urbanística e Protección do medio Ambiente Rural de Galicia, ou a nova Lei 15/2004 do 29 de decembro, no seu apartado seguinte:
.
Artigo 94. Modificación dos plans.
.
1. Calquera modificación do planeamento urbanística deberá fundamentarse en razóns de interese público debidamente xustificadas encamiñadas á mellora substancial da ordenación urbanística vixente, ao descongestionamento urbano, á mellora da articulación dos espazos libres públicos e dos volumes construídos, á eliminación de usos non desexables ou á incorporación doutros necesarios, á creación de novas dotacións urbanísticas públicas, á resolución de problemas de circulación e a outros fins públicos.
.
2. Non poderán formularse novas modificacións do planeamento urbanístico durante a tramitación dun plan xeral de ordenación municipal ou da súa revisión; isto é, dende a súa aprobación inicial ata a súa aprobación definitiva, salvo en execución de sentenzas.
.
3. Cando a modificación tendese a incrementar a intensidade do uso dunha zona, requirirase para aprobar a previsión das maiores dotacións públicas, de acordo cos estándares establecidos no apartado 2 do artigo 47, debendo emprazarse as novas dotacións no mesmo distrito ou sector, segundo trátese de solo urbano ou urbanizable.
.
"PLAN XERAL PLAN ILEGAL"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.