O 63% das augas costeiras galegas teñen alta concentración de fecais.
.
Ata 19 depuradoras carecen de tratamento de desinfección.
.
As denuncias por contaminación atmosférica dispáranse en Vigo.
..
En dous anos as infraccións detectadas polo Seprona multiplicáronse por cinco e pasaron de 29 a 144
.
A presenza de restos fecais nas augas costeiras galegas segue sendo un dos marcadores que determinan con máis precisión o preocupante nivel de contaminación da práctica totalidade das rías. Os plans autonómicos (cuxa base é a posta en marcha de 20 novas depuradoras) permitiron a España eludir o mes pasado a multa millonaria que a Unión Europea ía impor pola excesiva presenza de coliformes fecais na ría de Vigo, pero os proxectos atópanse na súa maioría en fase de tramitación e execución polo que aínda non se pode ver o seu grao de eficacia.
As denuncias por contaminación atmosférica experimentaron un espectacular crecemento nos últimos tempos ata o punto de multiplicarse por cinco na área viguesa nos dous últimos anos.
O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, Seprona, detectou no 2007 un total de 144 infraccións relacionadas coa contaminación atmosférica fronte ás 29 controladas no 2005, 16 no 2004 e só unha decena no 2003.
.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.