A Xunta di que falta o "informe de inviabilidade de aplicación de avaliación ambiental estratéxica" do PXOM de Vigo
.
A conselleira de Política Territorial, María José Caride, recordou hoxe que para que o seu departamento poida "realizar unha avaliación completa" do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo falta un documento, que é o "informe de inviabilidade de aplicación da avaliación estratéxica ambiental".
En declaracións aos medios, Caride asegurou que o desbloqueo da situación "non depende" da Xunta e o Concello de Vigo xa coñece isto. "Ata que recibamos toda a documentación completa, non poderemos avaliar o texto", insistiu.
En calquera caso, a conselleira sinalou que "o compromiso" do departamento autonómico é, unha vez que conte "co documento íntegro", resolver "nun mes dentro dos tres que ten por lei" para axilizar ao máximo o proceso de aprobación definitiva do PXOM de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.