mércores, 27 de febreiro de 2008

MOTIVOS PARA NON CRER

Aena opta por tallar carballos e cedros para o parking de Peinador en lugar de trasplantalos
.
.
.
A construtora xa troceó unha ducia de especies a golpe de motoserra e hoxe continuará arrincando o resto da arboleda

Algúns exemplares eliminados foron trasladados cando se construíu a nova terminal de pasaxeiros. Carballos americanos e cedros xigantes que embelecían as escasas zonas verdes do recinto aeroportuario e que onte acabaron esborrallándose a golpe de motoserraUnha "escabechina paisaxística". A construción do novo aparcadoiro de vehículos de Peinador levouse por diante unha ducia de árbores de polo menos 60 anos de antigüidade. "E iso que agora din que hai máis conciencia ambiental". Quen lanza esta reflexión pertence ao colectivo ecoloxista Matarpormatarnon.org, que onte intentou sen éxito paralizar a talla duns exemplares que os expertos consideran "centenarios". Os seus intentos foron vans: "Chamamos ao Seprona e dixéronnos que igual virían mañá [por hoxe]".

Aviso ao Seprona
.
Para cando cheguen os axentes do servizo especializado da Garda Civil xa será tarde. Onte pola mañá, os operarios de Dragados -a adxudicataria da construción do novo estacionamento de vehículos- cortaron de raíz polo menos uns nove carballos americanos ademais dun cedro xigante. E parece que o resto de árbores que aínda quedaban onte en pé correrán a mesma sorte que os seus xemelgos. "E todo por gañar un metro máis de aparcadoiro", critican os ecoloxistas.
Dragados necesita liberar todo este espazo para iniciar a escavación das catro plantas subterráneas que terá o novo estacionamento. Se ata onte cortaba con total liberdade esas especies, nada impedirá aos seus operarios botar abaixo a valiosa arboleda que embeleceu durante tanto tempo os xardíns do aeroporto de Vigo.
..
.
Este é outro exemplo de como as administracións públicas incumpren a lei e destrúen o territorio.
.
A Secretaría Xeral para a Prevención da Contaminación e o Cambio Climático conclúe que non é necesario "avaliar o impacto ambiental" do proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.