venres, 14 de marzo de 2008

O BNG TEN PRESA CO PXOM

O BNG de Vigo instará ao Parlamento a promover unha iniciativa se a Xunta non se pronuncia sobre o PXOM antes de abril
.
O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo instou hoxe á Xunta a que informe o Plan Xeral de Ordenación Municipal da cidade logo de Semana Santa e advertiu de que, "de non ser así", a principios de abril instaría ao grupo parlamentario nacionalista a presentar unha iniciativa na cámara galega para axilizar este proceso.
Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde vigués, Santiago Domínguez, quen recoñeceu que a aprobación do PXOM estase "atrasando un pouquiño". Nese sentido, explicou que o BNG vinculou ese atraso coa cita electoral do 9 de marzo pasado e afirmou que o seu grupo vía "ben" que se esperase a que pasasen as eleccións para que o Plan "non se introducise na cuestión electoral".
No entanto, Domínguez precisou que non se pode atrasar máis" e recordou o compromiso da Consellería de Política Territorial de "non esgotar os tres meses" que ten para facer o seu informe sobre o documento. Nese sentido, anunciou que, se a principios de abril "non se coñece o que pasa co PXOM", el mesmo pedirá ao BNG que presente unha iniciativa parlamentaria para apurar os trámites de cara á aprobación definitiva.
.
O BNG VOLVE A CARGA SOBRE O PXOM, XA TARDABA MOITO EN TER O PROTAGONISMO, OLVIDANSE DOS COLECTIVOS E PARTICULARES QUE RECURRIRÁN O PLAN NOS XULGADOS.
.
¿QUE TEN O BNG CO PXOM XA QUE O DEFENDE A MORTE?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.