martes, 25 de marzo de 2008

PARTE MÉDICO: PXOM VIGO

O paciente agoniza, pero a súa evolución someterase a todos os controis médicos para garantir que se morre sen maiores problemas.
.,
Asdo. O Doutor, Pachi Vázquez (Conselleiro Medio Ambiente)
..
A AVALIACIÓN DEVALÚASE
..
A avaliación ambiental estratéxica é máis que realizar controis; é aplicar os principios de sostenibilidade. A avaliación ha de ser estratéxica: ha de realizarse ao principio (principio de precaución e principio de prevención) e ha de ser global (antes que avaliar os plans parciais). Ademais hase de realizar con transparencia e coa participación cidadá e incorporando os informes sectoriais. Non se pode recoñecer que a destrución (do rural) -ou unha guerra- non está xustificada e logo proclamar que se fará con todas as garantías ambientais (ou respectando os dereitos humanos).
O Dr. Pachi di aos xornalistas que ao paciente váiselle a garantir un correcto seguimento e control. Pero o Dr. Pachi comete unha fatal e imperdoable neglixencia médica ao realizar o diagnóstico do PXOM de Vigo: "Non hai deficiencias de tipo sustantivo; non haberá que corrixir nada". A verdade é que o paciente está en estado crítico e debe ser intervido con urxencia. A arrogancia e ignorancia levan a actuar irresponsablemente e con lixereza. E o Dr. Pachi -e o seu equipo- comete un erro médico. E aínda atrévese a dicir que co seu tratamento o paciente "vai cumprir".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.