Mariano Rajoy quere que todo o chan sexa urbanizable
.O presidente do PP e candidato do seu partido á Presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, asegurou onte que se se fai co triunfo electoral o vindeiro domingo creará un Ministerio dedicado ás novas tecnoloxías. Así mesmo, mostrouse a favor de que "todo o chan" en España sexa "urbanizable" e reafirmouse no seu compromiso de plantar 500 millóns de árbores nos próximos catro anos.
Nun encontro dixital cos lectores de 'elmundo.es', Rajoy sostivo que, para poder "competir" e "vivir mellor", España necesita cidadáns "moi ben formados e que estean na primeira liña das novas tecnoloxías, da sociedade da información, a sociedade das comunicacións".
Por iso, asegurou que esta será "unha absoluta prioridade" do seu posible futuro Goberno, que contaría con "un Ministerio dedicado exclusivamente a estes temas", nos que nos xogamos o futuro".
Por outra banda, o líder dos 'populares' tamén se referiu ao problema da vivenda, para o que, recoñeceu, non existen "varitas máxicas". No entanto, defendeu que a solución pasa por "liberalizar o chan", xa que España é "un país con pouca densidade de poboación". "Eu son partidario de que todo o chan sexa urbanizable e que as limitacións para a edificación veñan impostas polo respecto ao medio ambiente e á ordenación do territorio", explicou.
Así mesmo, preguntado por se segue "convencido" de que poderá plantar 500 millóns de árbores en catro anos, Rajoy respondeu que si se poden plantar" e asegurou que isto xa se fixo nos anos 95, 96 e 97".
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.