domingo, 20 de abril de 2008

SUPRAMUNICIPALIDADE

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VIGO
.
SUPRAMUNICIPALIDADE = PLAN XERAL DE ORDENACIÓN METROPOLITANA
.
Resulta contraditorio pedir un área metropolitana e, doutra banda, urxir a aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que non ten en conta os municipios limítrofes. Se se está de acordo en realizar, por exemplo, unha xestión supramunicipal dos servizos, non se pode aprobar un plan que ignora o que sucede nos concellos de á beira.
A Xunta de Galicia segue sen elaborar e aprobar unhas, imprescindibles e urxentes xa cando se constituíu o novo goberno, DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO que deben estar antes e por encima das normas dunha comarca ou metrópoles e, por suposto, dunha cidade. É incontestable que a acción de goberno do Sr. Pérez Touriño resultaría ineficaz para Vigo se se aproba un Plan Xeral contrario a novas directrices de ordenación do territorio.
Nesta situación -non se pode situar a Vigo fóra de Galicia- e ante a insistencia, tamén do novo alcalde, de aprobar o Plan Xeral, e dado que non sería serio nin coherente cun discurso ambicioso e triunfalista para Vigo e Galicia, afrontar a actual situación de crise e os próximos 12 anos de Vigo cun Plan a medias.
.
Solicitamos á Xunta de Galicia que declare a supramunicipalidade do ordenamento territorial de Vigo.
.
Despois de que o concello de Vigo leva anos (vai para 8) demostrando a súa incompetencia na tramitación do Plan Xeral e empregando a autonomía municipal en atender ao interese particular, é o xusto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.