"A planta de Sogama en Cerceda é un monstro que só trata a metade dos contedores que chegan, e recicla unicamente un 14%".
..
..
A planta de Nostián, que trata os residuos de toda a comarca da Coruña co sistema de maior garantía medioambiental de todos os implantados en Galicia, só recicla o 55% das lixos que recibe, segundo admitiu a concelleira de Medio Ambiente, a socialista Nieves Vázquez, nun pleno extraordinario sobre o estado da planta. Aínda que o obxectivo da reciclaxe era dun 72%, Manuel Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente, defendeu que o sistema de tratamento da Coruña é a mellor opción e a máis comprometida coa sostenibilidade, posto que "trata un 100% dos residuos, mentres a planta de Sogama en Cerceda é un monstro que só trata a metade dos contedores que chegan, e recicla unicamente un 14%".
Nostián foi o emblema da conversión ao ecoloxismo do goberno local despois do derrumbe, en setembro de 1996, de miles de toneladas de lixo acumuladas no escorredoiro de Bens, e foi deseñada para tratar separadamente a materia orgánica e a inorgánica. Coa primeira elabórase compost para xardinería ou agricultura e da súa descomposición controlada obtense enerxía. Os rexeitamentos da inorgánica, despois dos aproveitamentos clásicos de papel, vidro ou metal, almacénanse e destínanse á planta de Sogama.
O problema é que as deficiencias no deseño da planta foron acumulando as toneladas de materia sen tratar, segundo reiterou a oposición practicamente desde a súa posta en marcha, en xaneiro de 2002.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.