
Afectados pola depuradora de Vigo saen á rúa para mostrar a súa oposición á nova planta
.1.000 veciños do contorno da depuradora viguesa do Lagares, manifestáronse onte polas inmediaciones da actual planta para protestar pola construción dunha nova estación de tratamento de augas no mesmo lugar.
.Os manifestantes profirieron berros contra as distintas Administracións pola forma en que están levando o tema, sen apenas información. Reprochan que está máis que demostrado que ese non é o lugar idóneo para unha construción dese tipo. «Se é tan boa, que a leven para a Moncloa, se non fai dano, que a leven a San Caetano», foi consígna máis coreada.
.Ao termo da marcha, dous estudantes da zona leron un manifesto na porta do colexio público e do instituto Carrasqueira, cuxos directores sumáronse esta mesma semana ás denuncias pola construción da nova planta ao sufrir nas súas propias aulas os hedores da actual.
.Os afectados aducen que a nova depuradora vulnera a Lei de Costas e o Regulamento sobre Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (Raminp) e agrede un espazo natural como é o humedal e a xunqueira do Lagares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.