AS MENTIRAS DO CONSELLEIRO, SOBRE A DEPURADORA
.
Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente: ´Ata que Vigo non teña localización para a planta, non terá PXOM´
.
Que documento dáme vostede? O de Bouzas, que é o que recolle o Plan Xeral, ou o de Silleiro. Se me expón esta última localización, deberá modificar o plan; e se me propón Bouzas, asuma que irá alí.
.
.
AS MENTIRAS DE ABEL CABALLERO SOBRE O PXOM
.
Os promotores da urbanización da praza de España urxen o inicio das obras.
.
O alcalde asegura que hai présa por construír co novo PXOM e Aproin advirte de que apenas hai solo dispoñible
.
Abel Caballero anunciou que o Plan Xeral (PXOM) entrará en vigor nun prazo aproximado de dúas semanas, unha vez que se publique no Boletín Oficial da Provincia e afirmou que xa hai moitos promotores impacientes por poder iniciar as obras canto antes, destacando a xoia da coroa, a urbanización da praza de España, que contempla novos túneles e outros cambios. Con todo, a asociación de promotores, Aproin, rebaixou o entusiasmo: cre que hai pouco solo consolidado no PXOM e tamén nega que haxa promotores que pidan máis pisos de protección oficial.
.
.
O PXOM segue sen entrar en vigor seis meses logo de aprobalo o pleno
.
O Boletín Oficial recollía a solicitude de Urbanismo para a publicación do documento
.
Seis meses despois de que o pleno aprobase o Plan Xeral e tras o visto e prace parcial de Política Territorial (en maio) e a súa publicación no DOG o 3 de xuño, o último trámite para que entre en vigor é que se publique no Boletín Oficial, algo que aínda non ocorreu a pesar de que onte saíu unha resolución do concelleiro que acompañaba o documento. (11-07-2008).
..
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.