mércores, 9 de xullo de 2008

INCENDIÓMETRO WWWF/ADENA 2008


CastilIa y León, Galicia e Extremadura, as CCAA máis vulnerables aos incendios forestais

.

WWF/Adena presenta hoxe o seu Incendiómetro 2008 no que analiza a vulnerabilidade das CCAA ante os incendios forestais. Castilla y León, Galicia, Extremadura, Comunidade Valenciana e Canarias figuran, por esta orde, como as que teñen un maior risco de sufrir episodios graves de incendios. A organización incide este ano en que a principal causa deste problema reside na falta de xestión forestal, xa que menos do 13 por cento da superficie forestal conta na actualidade cun Plan de Xestión, tal e como demanda a Lei de Montes.

Segundo a organización, na raíz deste problema atópase a deficiente ordenación do territorio e a ausencia de xestión forestal, xa que apenas o 13% da superficie forestal conta cun Plan de Xestión, tal e como recolle a Lei de Montes. Cabe recordar que o Plan de Xestión Forestal é o documento técnico que recolle as medidas de xestión dos recursos naturais nun espazo forestal.

Segundo Félix Romeu, responsable do Programa de Bosques de WWF/Adena: "As políticas de loita contra incendios non poden quedar só no enfoque de extinción, senón que hai que ter moi en conta os factores sociais, económicos e paisaxísticos sobre os que se consolida o territorio rural". E conclúe: "Os políticos e a sociedade seguen dando as costas ao medio forestal, e para lograr que os nosos montes sexan menos vulnerables aos incendios hai que apostar pola planificación, a xestión e a certificación forestal."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.