mércores, 30 de xullo de 2008

Á PROPÓSITO DO PLAN DIRECTOR DE ESTRADAS

Se nunha sociedade non hai mecanismos que separen os axentes menos positivos (os que máis defraudan, os que máis infrinxen as normas) dos máis desexables para que a sociedade prospere, xérase ruído e con el quen perden son sempre os segundos; os que máis tiran do carro.
Un Goberno que se supón vixía o benestar social -e o progreso vai implícito niso- debería separar uns axentes doutros, personalizando para iso as medidas que toma. Que, por exemplo, anuncie que aumenta o diñeiro destinado a bolsas importa pouco se os destinatarios non son os estudantes excelentes e, no seu lugar, o café é para todos. Ou que divulgue o monto total de axudas ao investimento é baladí se todos os emprendedores reciben unha porción no canto de premiar só os proxectos innovadores e viables. Se non se inclúen mecanismos diferenciadores, non se incentivan comportamentos en prol dunha sociedade dinámica con cidadáns que interiorizan os efectos da súa conduta nin se infunden uns niveis mínimos de meritocracia.
Vén isto á mantenta do Plan Director de Estradas que a Xunta desenvolverá ata o 2020. Anúnciase aos catro ventos un gasto de 16.000 millóns de euros na rede viaria, sen especificar nada máis. O cal é ruído, xa que o único que se infere é que se acentúa, en demasía, a construción de estradas e autovías, sen ter en conta as consecuencias.
.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.