
FESTIVAL ÁEREO DE VIGO=MAIS CONTAMINACIÓN
.Os avións están contribuíndo a empeorar os efectos sobre o cambio climatico e o efecto invernadoiro.
.
Os avións son o medio convencional de transporte máis contaminante que poida existir. Un só traxecto trans-atlántico supón unha emisión de CO2 similar á dun coche utilizándoo todos os días dun ano.
Os avións son o medio convencional de transporte máis contaminante que poida existir. Un só traxecto trans-atlántico supón unha emisión de CO2 similar á dun coche utilizándoo todos os días dun ano.
Europa pretende incluír a aviación no sistema de comercio de emisións para combater as viaxes aéreas xa que, está contribuíndo a empeorar os efectos sobre o efecto invernadoiro e o cambio climático.
A medida ten como obxectivo forzar ás aerolíneas a reducir o seu impacto ambiental e a contribuír na loita contra o cambio climático. O comisario de Medio Ambiente, Stavros Dimas, confirmou que antes de final de ano presentará unha proposta lexislativa para incluír ao sector da aviación no sistema de comercio de emisións da Unión Europea en 2010.
Ademais das emisións producidas polo combustible, os ronseis en forma de nube branca alargada que deixan tras de si os avións son outro motivo de preocupación ambiental. Os ronseis poden persistir durante horas e os científicos cren que contribúen ao arrequecemento global, ao comportarse da mesma xeito que as nubes de gran altura, atrapando a calor na atmosfera. Así mesmo, algúns estudos indican que os voos nocturnos poderían ter un efecto aínda maior neste fenómeno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.