mércores, 27 de agosto de 2008

ESPAÑA AFÁSTASE MÁIS DE KIOTO

España afástase máis de Kioto tras aumentar as emisións un 1,8%
..
Denuncian que o Goberno incumpre o seu plan contra o cambio climático
.


.
.As emisións de efecto invernadoiro en España seguen subindo. En 2007 aumentaron un 1,8% respecto ao ano anterior, o que supón unha subida de 2,8 puntos respecto ao ano de referencia, 1990. Con este aumento, España emite actualmente un 52% máis que en 1990, a pesar de que o protocolo de Kioto só lle permitía subir as emisións un 15%. O dato no seu informe anual Comisións Obreiras e o director de Worldwatch en España, José Santamarta. Está elaborado con cifras oficiais e adiántase á información do Ministerio de Medio Ambiente, que replicou nun comunicado que as cifras non son as oficiais.
En 2006 as emisións baixaron por primeira vez de forma significativa en España. Que o ano anterior fose pésimo en choiva e en funcionamento das nucleares axudou. Pero tamén que o verán e o inverno foron moi suaves. As emisións baixaron un 1,7% e o Goberno mostrouse exultante.
Pero o que podía ser o inicio dunha tendencia converteuse en anomalía. "As emisións seguiron subindo en 2007 entre outras cousas porque o prezo da tonelada de carbón estaba tan baixo que era moi barato seguir contaminando", explica Santamarta, que foi ata as eleccións asesor da ex ministra de Medio Ambiente Cristina Narbona...
.

1 comentario:

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.