sábado, 23 de agosto de 2008

RECURSOS CONTRA O PXOM DE VIGO

.
Promotores presentarán doce recursos contra o plan económico do PXOM.
.
Unha consecuencia colateral da entrada en vigor mañá do Plan de Urbanismo é que os propietarios que se senten afectados poderán presentar recursos contenciosos-administrativos ante os tribunais. A patronal dos promotores, Aproin, renunciou explicitamente a formalizar como tal unha oposición xudicial, pero decidiu dar respaldo a través dos seus servizos xurídicos aos asociados que están dispostos a dar o paso.
Os recursos están practicamente redactados, e serían uns doce en total, todos eles moi similares na súa formulación: atacarán o estudo económico do PXOM. Hai tres aspectos crave sobre os que se basearán os contenciosos. En primeiro lugar, consideran equivocado o estudo de mercado realizado en varios ámbitos, como o PAU Cruceiro, de Alcabre.
Tamén rexeitan os coeficientes de ponderación dos distintos ámbitos, ao repartir de forma desigual os usos terciarios ou residenciais. E, sobre todo, os recursos atacarán un suposto desequilibrio entre as distintas urbanizacións. Os promotores afectados sosteñen que hai unha repartición de cargas e beneficios moi distinto respecto doutros, moito máis "premiados" polos redactores do Plan. Con todo, a lei da Xunta do 40% de vivenda protexida daría respaldo ao PXOM.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.