xoves, 7 de agosto de 2008

SENTENZA DO PIRICOTO

-
O Tribunal Supremo confirma a demolición do Piricoto
.
A sección quinta da sala do contencioso administrativo do Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación interposto pola comunidade de propietarios do edificio Colina de Castrelos, tamén coñecido como o Piricoto.
Nos fundamentos de dereito explica que a única forma de executar a sentenza ditada o 22 de setembro de 1994 non é outra que a ordenada polo Tribunal o 2 de maio do 2006, «é dicir, proceder á demolición total ou parcial do inmoble, para o que a administración municipal deberá redactar no prazo dun mes un proxecto de demolición supervisado pola propia Sala sentenciadora.
O colectivo denunciante, que no seu día conformaban a asociación de veciños de Castrelos, esixe que se execute a sentenza e procédase a ordenar o cesamento dos usos de vivenda no inmoble e corríxase o proxecto de demolición cumprindo os prazos de derrube. Advirte que non escatimará esforzos para conseguir a recuperación da legalidade urbanística tal e como leva facendo desde fai case 20 anos.
A licenza municipal, concedida en 1991 co goberno de Manoel Soto, foi anulada no seu día por non adaptarse ao ambiente do contorno das zonas protexidas por Patrimonio Histórico, de aí a sentenza que obriga a derrubalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.