
A Xunta dá un novo bandazo nun proxecto que segue sen ter sentido
.A diferenza entre ter as ideas claras ou non telas é seguir o camiño en liña recta ou dar bandazos. E o complexo que a Xunta levanta no monte Gaiás é clara proba diso. Cando o bipartito chegou ao Goberno fai tres anos atopouse un proxecto no que había que investir case 500 millóns de euros para unha serie de supostos colectores culturais pero carentes de contido. Faltou valor político naquel momento para pór fin a semellante malgasto e a decisión foi unha fuxida cara a adiante. Déronse un prazo de ano e medio para anunciar aos catro ventos que atoparan a solución, ata financeira, ao problema. Con todo, cando pasou outro ano e medio, a Xunta descólgase cun plan alternativo que non só deixa sen efecto o anterior, senón que demostra que non servía.
E probablemente virán máis plans mentres non exista valentía política para tomar unha decisión cabal: parar os edificios que aínda están sen empezar e tratar de buscar un sentido, unha utilidade e sobre todo unha rendibilidade a todo o diñeiro enterrado en cemento e granito no monte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.