xoves, 4 de setembro de 2008

O CAMBIO CLIMÁTICO EN CANADÁ


O cambio climático cébase co ártico canadense
-
Unha placa de xeo do tamaño de Manhattan despréndese de Ellesmere, no norte de Canadá - As catro capas que forman a illa reducíronse un 23% só este verán.
.
Unha placa de xeo do tamaño de Manhattan desprendeuse da Illa de Ellesmere, no norte de Canadá, puido comprobar un grupo de investigadores. Segundo o seu estudo, o cambio climático provocou que as cinco grandes capas de xeo, de máis de 4.000 anos, que compón esta illa canadense reducíronse un 23%, uns 214 quilómetros cadrados, só durante este verán.
Segundo estes científicos canadenses, este fenómeno é só proba dos "importantísimos cambios" que o quentamento imporá a toda a especie humana. "Os modelos climáticos indican que as transformacións máis relevantes, máis serias, produciranse antes nas latitudes máis ao norte", indicou Warwick Vincent, director do Centro de Estudos do Norte na Universidade Laval de Québec.
Vincent, que comprobou in situ o estado das placas de xeo de Ellesmere cada ano durante a última década sinala, en declaracións recollidas por Reuters, que o impacto das altas temperaturas en 2008 foi "asombroso". Segundo as predicións da comunidade científica, o cambio climático provocará ademais que se xeneralicen os fenómenos meteorolóxicos extremos, como furacáns, ciclóns e inundacións.
.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.