sábado, 18 de outubro de 2008

BNG E OS FONDOS PÚBLICOS


Anxo Quintana dedícase a malgastar os fondos públicos en propaganda electoral encuberta
.
A súa última lucubración pasa por cambiar a imaxe de todos os centros sociais de Galicia dependentes do seu departamento para pasar a chamarse Rede de Centros Socio-Comunitarios.
Na época de grave crise económica que sofre o noso país, cando os mozos enchen as colas do INEM, Anxo Quintana dedícase a malgastar os fondos públicos en facer propaganda electoral encuberta con vistas ás autonómicas.
A súa última lucubración pasa por cambiar a imaxe de todos os centros sociais de Galicia dependentes do seu departamento para pasar a chamarse Rede de Centros Socio-Comunitarios, NN.XX. de Pontevedra, denúnciano ante a opinión pública.
Esta modificación, que non altera o servizo social que se presta, cústalle ás arcas públicas miles de euros cos que pretende tan só potenciar a súa imaxe.
Quintana converteuse nun verdadeiro lobby da comunicación que pretende ideologizar todo o que pasa polas súas mans, pero o que é facer non fai, prometera incrementar o persoal cun/a traballador/a social e un/a auxiliar administrativo/a por centro en canto producísese o cambio, cuestión que está incumprindo escandalosamente.
Con este tipo de actuacións o BNG demostra unha vez máis a utilización partidista que fai das institucións, así como a hipocrisía coa que aborda o Benestar Social de Galicia, concluíron os portavoces de NN.XX. de Pontevedra.
.
Xornal Galicia.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.