mércores, 29 de outubro de 2008

COMUNICADO DE PRENSA EU-IU VIGO

.
.
PLENO DO CONCELLO DE VIGO
..
..
+
..
ESQUERDA UNIDA CONSIDERA INTOLERABLE A ACTITUDE
DESTE ALCALDE NO TOCANTE A PARTICIPACIÓN VECIÑAL E
ACCESO DEMOCRÁTICO AO PLENO
....
.O Deputado Gaspar Llamazares preguntará no Congreso sobre esta vulneración dos dereitos constitucionais maís básicos
..
Unha vez mais este concello amosou unha falla de compromiso democrático ao prohibir a membros do COLECTIVO VECIÑAL DE AFECTADOS POLA DEPURADORA DO LAGARES por parte da policia local o libre acceso ao pleno municipal. Este feito únese o ocurrido o pasado decembro coa utilización de militantes locais do PSOE como “tropa de choque” para impedir o libre acceso dos veciños ao pleno onde se aprobaba definitivamente o PXOM.
EU-IU considera probado que o goberno municipal do PSOE-BNG sigue a táboa rasa os principios antidemocráticos que instaurou o PP obviando miles de firmas para pedir o referendo sobre o PXOM, vilipendiando centos de alegacións, facendo do regulamento de participación cidadá papel mollado e dándolle a única utilidade de arma de patrimonialización do tecido asociativo da cidade.
Paralelamente constátase que dende ó concello se están a elaborar listas negras de cidadáns ós que se lle nega o dereito democrático amparado na Constitución de acceso os debates en pleno da súa corporación municipal.
EU-IU quere recodarlle ó alcalde que que a LEY 7/1985 relativa ás CORPORACIONES LOCAIS no seu CAPÍTULO IV.: “INFORMACIÓN Y PARTICIPACIÓN CIUDADANAS.” Artigo 70 di claramente: “Las sesiones del Pleno de las corporaciones locales son públicas. No obstante, podrán ser secretos el
debate y votación de aquellos asuntos que puedan afectar al derecho fundamental de los ciudadanos a que se refiere el artículo 18.1 de la Constitución, cuando así se acuerde por mayoría absoluta.” Co que con este feito O CONSELLO LOCAL DE EU-IU elevará unha pregunta parlamentaria ó ministerio de interior e de xustiza sobre este grave feito antidemocrático
..
CONSELLO LOCAL DE EU-IU DE VIGO
eu-vigo@esquerdaunida.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.