luns, 20 de outubro de 2008

REDE NATURA EN GALICIA (2)

Unha rede furada
.
Galicia ten na actualidade case 350.000 hectáreas do seu territorio catalogadas como Rede Natura, unha listaxe de espazos naturais de toda a UE que, a proposta dos gobernos autónomos e segundo criterios científicos, deben recibir coidados especiais para garantir a conservación de hábitats e especies. Este arquivo rexistra Zonas de Especial Protección para as Aves (Zepas) e Lugares de Importancia Comunitaria (LIC). Fronte ao 12% de territorio protexido de Galicia, as comunidades con máis espazos son Madrid (40%), Canarias (38%), A Rioxa (33%), Cataluña (29%) e Andalucía (28%).
Nin sequera os poucos espazos que se benefician desta protección están recibindo os coidados que propugna a directiva europea. Aínda que nestas áreas a Administración está obrigada a tomar medidas para evitar a deterioración dos hábitats e evitar alteracións que afecten ás especies que alí viven, en Galicia autorizáronse na Rede Natura aeroxeradores, minicentrais e piscifactorías.
Polo menos medio centenar de parques eólicos (a terceira parte dos autorizados desde 1996 polos gobernos do PP) ocupan enclaves protexidos. As zonas máis danadas son a Serra do Xistral, a Costa Ártabra, a Serra do Careón, a Serra do Cando, o Monte Pindo, as Fragas do Eume, Xubia-Castro, Serra do Candán, Monte Maior e Monte Faro.
O bipartito prohibiu por lei a instalación de muíños en Rede Natura, aínda que é posible que as localizacións dos novos aeroxeradores, que dependen da Consellería de Industria, decídanse antes de que Medio Ambiente aprobe a ampliación dos espazos protexidos.
"Os espazos da Rede Natura estanse degradando igual que os que non o son", lamenta Javier Montalvo. Este profesor de Ecoloxía explica que non son só as industrias as que destrúen estas paraxes e denuncia que hai bosques de ribeira xunto a ríos protexidos que sofren o ataque de especies invasoras porque ao seu lado plántanse eucaliptos sen control.
Este é un dos problemas que sofre a Fraga do Eume, na Coruña, o "bosque costeiro mellor conservado de Europa". A Fundación Matrix, que preside Montalvo, abriu este verán unha campaña para captar doazóns e crear un fondo co que restaurar as fragas. "A calidade ambiental de Galicia é alta, pero se está degradando ás alancadas", alerta Montalvo.
.
EL PAIS
.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.