mércores, 1 de outubro de 2008

A VIVENDA EN VIGO

A área metropolitana de Vigo é a máis cara de Galicia
.
Nos primeiros seis meses de 2008, o prezo da vivenda na área urbana de Vigo diminuíu en termos reais. Na primeira metade de 2008 pódese observar que o mercado inmobiliario vigués atópase sumido nunha seria crise. Os visados experimentan unha forte caída, a demanda esborrállase e a actividade de mercado contráese fortemente. Nos primeiros seis meses de 2008, o prezo da vivenda na área urbana de Vigo diminuíu en termos reais. A situación é das máis negativas das áreas urbanas galegas.
Así se desprende do último número do Observatorio Inmobiliario, un estudo periódico sectorial dirixido polo profesor da Universidade de Santiago Manuel Vilas, que analiza como evolucionaron os principais indicadores do sector da construción en España, Galicia e as sete áreas urbanas galegas durante o primeiro semestre de 2008. A publicación está editada polo Centro de Investigación Económica e Financeira (CIEF) da Fundación Caixa Galicia.
Segundo o Observatorio Inmobiliario, no primeiro trimestre de 2008 descende a intensidade da oferta de vivenda de Vigo, cunha caída dos visados dun 2,2%, o que a sitúa entre as máis baixas das urbes galegas. As transmisións de vivendas caen ao redor dun 8% en taxa interanual, sobre todo en vivenda usada.
O prezo medio da vivenda na área de Vigo no segundo trimestre de 2008 sitúase en 2.450 euros por metro cadrado, cun aumento dun 8,5% neste período.
A perspectiva de evolución do mercado é moi negativa, unha oferta en retirada, unida a un esborralle da demanda configuran un mercado cunha forte contracción da actividade. Na segunda metade de 2008, a demanda proseguirá a súa contracción a un ritmo máis contido e a oferta continuará reducíndose, de forma que a actividade experimentará unha forte caída. Pola súa banda, os prezos continuarán a súa tendencia, a vivenda nova manterase e a usada irá perdendo valor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.