OURENSE
.
Os arquitectos de Galicia sospeitan que houbo intencionalidade nos erros do PXOM.
.
Atopan intereses alleos ó cidadán na actuación do goberno municipal presidido por Cabezas.
.
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia pronunciouse onte acerca da situación urbanística en Ourense orixinada por mor da anulación do PXOM. Os colexiados consideran esta situación gravísima por superar ao ámbito local e ser xa un problema de toda Galicia. Así mesmo, felicitan ao xefe de servizo de Planeamento, Cándido Ortells, que recomendou en 2003 a retirada do Plan Xeral ao detectar as súas irregularidades, sen que a súa palabra fose tida en conta polo goberno, entón presidido por Cabezas.
.
.
A Xunta comprométese a financiar a metade do custo total da redacción do Plan Xeral de Ourense.
.
Este traballo custará 1,3 millóns de euros e terá o apoio de técnicos de Política Territorial.
..
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse onte co alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a financiar o 50% do custo de redacción do novo Plan Xeral de Ordenación (o traballo total está cifrado en 1,3 millóns de euros, ao que se une a cartografía, que custará 604.000 euros). Tamén brindou o xefe do Executivo autonómico o apoio dos técnicos de Política Territorial ao Concello para evitar os efectos negativos que poida carrexar a anulación do PXOM ao desenvolvemento da cidade.
..
..
QUE TODO CAMBIE PARA QUE TODO SIGA IGUAL. VIGO SEGUIRÁ O CAMIÑO DE OURENSE. AQUÍ CONSULTORA GALEGA LEVOU MAIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS.
..
O PARTIDO POPULAR DESDE O CONCELLO DE OURENSE E A XUNTA DE GALICIA APROBARON O PXOM DE OURENSE. UN PLAN CLARAMENTE ILEGAL CON INFORMES MUNICIPAIS QUE O ADVIRTEN , ADEMAIS MALGÁSTASE UN MILLÓN DE EUROS, PÉRDENSE MOITOS ANOS, E CÉSASE A OS TÉCNICOS QUE INFORMAN EN CONTRA.
..
AGORA CO PSOE NA XUNTA E O CONCELLO, A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL OFRÉCESE A PAGAR A METADE DOS DOUS MILLÓNS DE EUROS QUE CUSTA REALIZAR UN NOVO PXOM.
..
NINGÚN REPRESENTANTE PÚBLICO ESIXE RESPONSABILIDADES PERSOAIS NIN PATRIMONIAIS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.