luns, 1 de decembro de 2008

"JEALSA" PROPIEDADE DUN EX ALCALDE DO PP

Jealsa é unha sociedade mercantil propiedade do ex alcalde boirense do PP Jesús Alonso. Segundo consta na resolución pola que a Consellería de Medio Ambiente concédelle a "autorización ambiental integrada", as instalacións ocupan 80.500 metros cadrados "dos que 29.800 correspóndense á superficie de produción e 6.000 a unha planta frigorífica". A resolución detalla que a conserveira "recibe a enerxía e o vapor de Boiro Enerxía, S.A, instalación de cogeneración anexa" e que todas as súas instalacións, a beiras do mar, están "rodeadas de parcelas con usos diversos, entre eles o residencial".
A planta de cogeneración creouse en 1996, cando a corporación local que entón presidía Jesús Alonso concedeu licenza á empresa do mesmo Jesús Alonso e declarou a súa utilidade pública e interese xeral. Antes sometera o terreo "a protección paisaxística". O acordo da licenza foi anulado en sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en 2001. A frigorífica construiuse en 1998 con licenza concedida pola mesma corporación. Foi anulada en 2002 en sentenza firme do TSXG.
Jesús Alonso deixou en xuño de 2003 a alcaldía que agora ocupa o nacionalista Xosé Deira, pero as plantas seguen sen adaptarse á legalidade, a pesar de que o Tribunal Supremo rexeitou, sen apelación, o recurso que solicitaba a anulación da execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza Galicia contra a frigorífica, que podería supor a súa demolición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.