..
O Conselleiro Fernándo Blanco admite que non se blindaron as paraxes que se declararán Rede Natura
.
.
A ampliación dos espazos protexidos pola Rede Natura, un proxecto que ultíma a Consellería de Medio Ambiente, será un dos primeiros obstáculos cos que se enfronten os adxudicatarios do concurso eólico que acaba de resolver Innovación e Industria (BNG). O titular de devandito departamento, Fernando Blanco, admitiu onte que a resolución da comisión de valoración tivo en conta o actual deseño da Rede Natura, ao ser excluídos un total de 52 parques que se pretendían levantar sobre espazos protexidos, pero non deseños "hipotéticos".
Á vez que comeza a tramitación dos novos parques, Medio Ambiente perfila a ampliación da Rede Natura e estuda a posible colisión dos emprazamentos eólicos aprobados cos espazos que se protexerán, segundo sinalaron fontes do departamento que dirixe o socialista Manuel Vázquez. Medio Ambiente só está pendente de que se adapte a lei galega da biodiversidade á normativa estatal para anunciar as novas áreas protexidas. "Non imos cambiar o ritmo dos nosos traballos porque se resolveron as adxudicacións eólicas, pero a ampliación da Rede Natura xa pasou revisión polo Consello da Xunta e é cuestión de pouco tempo o seu visto e prace final", insisten desde Medio Ambiente.
O nacionalista Fernando Blanco sinalou que só catro dos 29 anteproxectos aprobados, un 5% do total, quedan fóra das zonas marcadas polo actual plan sectorial. A súa aprobación dependerá do novo marco que se deseñe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.