mércores, 24 de decembro de 2008

SOLDOS MILLONARIOS EN SOGAMA

O Tribunal de Contas investiga os soldos millonarios dalgúns empregados.
.
O Tribunal de Contas investiga, desde o pasado mes de xullo, varios dos puntos destacados no informe de fiscalización realizado polo Consello de Contas sobre os movementos de Sogama no exercicio 2004. No informe detectaron, entre outras cousas, a asunción por parte da sociedade «de custos laborais xerados por persoal non contratado por ela», «asunción de prexuízos económicos que debían ser asumidos polos contratistas» e «abono de retribucións por encima do límite máximo establecido».
O actual secretario xeral da compañía, José María Hernández Sanmamed, fillo do ex conselleiro de Sanidade José María Hernández Cochón, percibe unhas retribucións anuais próximas aos 75.200 euros, tal e como consta nos orzamentos da sociedade. Unha cantidade á que hai que sumar, segundo Álvarez Díaz, un sobresoldo duns 15.000 euros, porque «veu gozando de vehículo de empresa para o seu uso exclusivo, persoal e familiar, gastos de gasóleo e peaxe, ademais de comidas á carta». En total, di, «o fillo do señor Cochón custoulle ao erario público, desde a súa incorporación a Sogama -en xaneiro de 1997-, da orde dun millón de euros. Será este o luxo e malgasto que tanto lle preocupa ao PP?».
Recorda, ademais, que a chegada de Hernández á sociedade produciuse en 1997 a través dun contrato temporal, para «prestar servizos na entón inexistente área xurídica». En marzo de 1999, engade, «o consello de administración modificou o organigrama de Sogama para crearlle un posto totalmente innecesario de secretario xeral, que bendíce o Goberno do PP. En setembro do 2001 o seu posto saíu a concurso. Só el presentouse. E aprobou.?
.

1 comentario:

  1. Esta muy bien que se tire de la manta y salga toda la mierda acumulada de todos los partidos y sus parasitos que habitan entre la basura.

    Por ejemplo el jefe de personal, un elemento sin ningun tipo de estudios ni conocimientos, solo tenia el merito de ser un animaliño y tirano que estaba a las ordenes en el partido de DOÑA
    LOLA como el la llamaba.

    Ahora es el que negocia los convenios de los trabajadores de sogama con los sindicatos.

    ¡¡Que miedo!!

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.