martes, 13 de xaneiro de 2009

CHAPUZA XURÍDICA DA CONSELLEIRA DE POLITICA TERRITORIAL, Mª JOSÉ CARIDE

Afectados polo carril bici Vigo-Nigrán critican a "chapuza xurídica" na tramitación e anuncian alegacións. .
.
Os avogados da plataforma de afectados do proxecto da PO-325, o denominado carril bici entre Vigo e Nigrán, criticaron hoxe a "chapuza xurídica" realizada pola Consellería de Política Territorial na súa tramitación, á vez que anunciaron alegacións, que presentarán tanto de xeito colectivo como individual.
Nunha rolda de prensa, a avogada Marta Costas asegurou que se presentarán alegacións que discutan a utilidade pública do proxecto e a opción escollida para o seu trazado, á vez que se denunciará a "chapuza xurídica" que, segundo afirmou, supón aprobar o citado proxecto, declaralo de utilidade pública e urxente ocupación e, con posterioridade, sometelo a información pública. Así, asegurou que este último "debese ser o primeiro paso segundo ordena a Lei de Estradas de Galicia". Para Costas, o feito de que se someteu o proxecto a información pública agora confirma a "existencia de graves irregularidades" na tramitación do procedemento que, segundo engadiu, darían lugar a "a nulidade do proxecto".
A avogada afirmou que a resolución de Política Territorial intenta "emendar erros" localizados pola propia Administración no expediente. De feito, sinalou que finalmente se optou por someter o proxecto a información pública porque lles resultou imposible" proceder ao levantamento das actas previas á ocupación por mor das "enormes diferenzas detectadas entre a realidade e as relacións de bens afectados" recollidos nos proxectos aprobados.
Finalmente, afirmou que o recurso contencioso-administrativo contra o proxecto de carril bici foi admitido a trámite e, xa que logo, recordou que "serán os tribunais os que decidan se estes parches xurídicos son aceptables e xustifican a actuación da Administración".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.