domingo, 18 de xaneiro de 2009

O BNG E OS NOVOS DONOS DO VENTO GALEGO-PLAN EÓLICO

Panadeiros, unha quesería, un axente de artistas e unha «boutique», entre os adxudicatarios eólicos.
.
As concesións de Industria beneficiaron a decenas de pemes alleas ao sector radicadas sobre todo en Lugo e Pontevedra
.
Panaderías, tendas de roupa, queserías, axencias de representación de artistas, empresas de transportes, fábricas de cubertos e menaxe do fogar, pequenos hoteis con encanto, mueblerías, louseiros... A lista de sociedades beneficiadas polo concurso eólico de Industria (BNG), do que se caeron algúns dos primeiros operadores do mundo, abarca case todos os sectores da economía galega e inclúe a decenas de firmas de fóra de Galicia, que participan soas ou con socios locais.
A análise dos accionistas e administradores das 25 adxudicatarias permite debuxar unha estrutura de empresa que se repite: na maioría dos proxectos hai alianzas de diferentes compañías, que se dividen nunha rama técnica (sobre todo enxeñerías), outra financeira (hai moitas sociedades foráneas de capital risco que nos seus estatutos xa advirten de que viñeron para non quedar), e outra industrial, de capital galego, que lle dá nome ao proxecto.
Ese mesma análise confirma que a repartición de Industria deixou o sector máis atomizado que nunca, tras unha década de concentracións.
Entre os novos donos do vento, a maioría alleos ao negocio eólico, hai tamén vellos coñecidos do mundo das renovables, algún con causas xudiciais pendentes. Desde un punto de vista xeográfico, as concesións premiaron ás provincias de Lugo e Pontevedra.
La Voz
.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.