sábado, 3 de xaneiro de 2009

RECICLAXE

Os fabricantes de papel calculan que España reciclou cinco millóns de toneladas no 2008
.
Un informe da Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel) estima que España superou o ano pasado a súa marca de recollida e reciclaxe de papel e cartón, con máis de cinco millóns de toneladas de material recuperadas e reutilizadas, o 69% do papel consumido.
Segundo Aspapel, o aumento na reciclaxe sitúase nun 2% con respecto ás cifras do ano anterior e supón un aforro de volume en vertedoiro equivalente a 50 grandes estadios de fútbol como o Santiago Bernabéu (repleto) e un aforro das emisións en vertedoiro de 4,5 millóns de toneladas de CO2, máis do 1% das emisións totais que xera o país; uns datos que achegan a España aos lugares en que a recuperación ten máis tradición, como Suíza e Noruega (77%), Alemaña (75%), Holanda e Xapón (73%) ou Austria.
Segundo o Informe Grandes Cidades 2007 da sociedade Recipap, a recollida nos núcleos urbanos con máis de cen mil habitantes durante o pasado ano aumentou tamén un 11%, alcanzando a media de 30 quilogramos por habitante, fronte aos 25,7 recollidos durante o 2006.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.