No momento de aprobar o Plan Xeral por Concello de Vigo e Xunta de Galicia, as previsións de investimento non estaban garantidas. Ao día de hoxe non soamente non está garantida, senón que non se sabe nin quen o vai a pagar, nin como se vai a distribuír o custo da actuación prevista.
Con este xeito de proceder, Concello de Vigo e Xunta de Galicia incumpriron claramente o art. 60 da lei do chan de Galicia, o que, xunto con outras ilegalidades, vai ser causa de anulación do Plan. Ademais estas prácticas evidencian o fácil que é actuar por encima da lei desde a Administración, facendo da arbitrariedade a norma (feitos consumados, primeiro actuamos e logo xa veremos, etc.).
.
LEI DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA E PROTECCIÓN DO MEDIO RURAL DE GALICIA: Artigo 60. Estratexia de actuación e estudo económico.
3. O plan xeral de ordenación municipal conterá unha avaliación do custo de execución dos sistemas xerais e das actuacións previstas, con indicación do carácter público ou privado da iniciativa de financiamento, xustificando as previsións que haxan de realizarse con recursos propios do concello.
No caso de que se atribúa o financiamento a administracións ou entidades públicas distintas do municipio, deberá acreditarse a conformidade das mesmas.
A construción do túnel de Guixar está aínda sen data por falta de financiamento A Xunta asumirá a redacción do proxecto
..
O financiamento para construír o futuro túnel de Guixar, sen concretar. Política Territorial achegará 11,5 millóns e ´o resto buscarase no seu momento´, dixo o alcalde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.