Todo isto vén a conto do perigo que encerran as declaracións do posible novo líder do Partido dos Socialistas de Galicia, Manuel Pachi Vázquez. É intranquilizador oír que Galicia non se merece un Goberno saído da decisión dos galegos nas urnas. Estas declaracións encerran en si unha falta de aceptación das regras da democracia. E, o que é peor, soan a desprezo pola decisión da maioría dos galegos. É moi importante que o aspirante a líder do PSdeG-PSOE móstrese como un demócrata, respectuoso coas decisións da maioría. As urnas decidiron. Hai unha forza maioritaria. Un grupo político ao que os galegos adxudicáronlle a metade máis un dos escanos da Cámara. Está a moita distancia de calquera das outras forzas políticas. Todo o que se diga para descualificar ao PP, gañador das eleccións, é unha descualificación da maioría dos galegos.
É intranquilizador que un aspirante a líder da oposición diga que as eleccións gañáronse con mentiras e con enganos. É como dicir que os galegos temos unha capacidade intelectual moi escasa e que se nos pode enganar con mentiras. O asunto non deixa de ser curioso, porque talvez a Xunta da que formaba parte o aspirante a líder socialista perdeu apoio social polas mentiras, por crerse que ao galego podíaselle enganar ou manipular dicíndolle unha cousa e facendo a contraria, como coas promesas de axudas á dependencia que nunca chegaban ou cos anuncios de que a crise non nos afectaba. Esquecéronse de que -parafraseando a aquela señora que foi a un mitin de Quintana en contra da súa vontade-«somos galegos, pero non somos bobos».
O PSdeG-PSOE necesita atopar un líder serio, con principios asentados na súa historia persoal, que non sexa reconvertido, que saiba respectar as regras de xogo, que estea convencido de que non vale todo en política e, sobre todo, convencido de que o pobo é soberano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.