mércores, 25 de marzo de 2009

QUE É A HORA DO PLANETA?


O próximo 28 de marzo, ás 20:30, tes unha cita co Planeta para demostrar que a loita contra o Cambio Climático é posible.
Esta iniciativa de WWF é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia, na que participarán 1.000 millóns de persoas. A Hora do Planeta 2009 involucrará aos gobernos, cidadáns e empresas nunha acción conxunta para chamar a atención sobre os efectos do quentamento global e esixir aos líderes políticos que actúen para controlar as emisións de CO2 antes de que sexa demasiado tarde. Ata agora, máis de 1.700 cidades de 80 países comprometéronse a apagar as luces dos seus edificios máis emblemáticos, como xesto simbólico de apoio á hora do Planeta.
.
Que podes facer?
.
APÚNTATE. Cantos máis sexamos, máis forza terá a nosa mensaxe.
.
ENVÍA UNHA CARTA AO PRESIDENTE. Faille saber ao Goberno a túa preocupación polo futuro do planeta.
.
.
Cal é o obxectivo da Hora do Planeta?
.
En decembro deste ano, os líderes de 192 países reuniranse na Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático que terá lugar en Copenhague para lograr un novo acordo global que de continuidade ao protocolo de Kioto. É a última oportunidade que ten a humanidade para actuar de forma conxunta contra o cambio climático e por iso, A hora do Planeta de WWF quere mandar unha mensaxe clara esixindo un acordo ambicioso, xusto equitativo.
.
O PRÓXIMO 28 DE MARZO AS 20:30 ¡¡¡APAGA A LUZ DURANTE UNHA HORA!!!
.
Recorda: "Non herdamos a terra dos nosos pais, tomámola prestada dos nosos fillos".
.
QUE O MUNDO ENTEIRO APAGUE A LUZ DURANTE UNHA HORA ¡RECÓRDAO! .
.
"O 28 DE MARZO DE 20,30 A 21,30, O PLANETA ESPÉRATE".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.