sábado, 21 de marzo de 2009

¡VAIA DEMOCRACIA!

As últimas semanas asistimos a unha dinámica política tan intensa como preocupante. Cústame asumir que, logo de tantos traballos e ilusións por construír unha democracia avanzada, logo dun exemplar esforzo colectivo, cheguemos a unha situación política como a actual. O tan manido e manipulado Estado de dereito camiña cara a un estado de falta de dereitos. O principal muñidor socialista dixera non fai moito que o seu partido tiña unha paciencia ilimitada cos banqueiros. Logo tivo que emendarse. Os que realmente estamos tendo unha paciencia ilimitada somos os indefensos cidadáns. E nós non temos que emendarnos.
Cada vez que se aproximan unhas eleccións, a corrupción aflora por todas partes; a prevaricación e o tráfico de influencias parecen xogo de café; o enchufismo, o amiguismo e o clientelismo convértense en patente de corso para asegurar o posto dos afíns, polo temor dunha perda de poder ou simplemente para amarrar e acumular votos; o poder e a información do Estado utilízanse para lóita partidista, máis canto máis desfavorables son as enquisas para o partido no poder; o engano, a mentira, as contradicións convértense na amálgama dun discurso electoral absolutamente falto de ética e de principios; o malgasto, e a irresponsabilidade co diñeiro público parece non ter límites, principalmente nos concellos e nas comunidades autónomas, cuxa débeda ameaza co déficit público.
Por se faltase pouco, en Galicia, como antes no País Vasco e Cataluña, se apedreóu e agrediuse violentamente a quen non facían máis que saír á rúa para defender as súas ideas, e, peor aínda, aos violentos arróupanos os políticos afíns. Os nacionalismos vanse radicalizando a medida que avanzan no logro dos seus obxectivos e do poder. Así a violencia faise presente na rúa no tempo electoral. Sigamos. As concesións fanse aos amigos, aos que achegan máis comisións para financiar os partidos ou as súas canles mediáticas, ou aos que antes financiaron outros intereses comúns. E, mentres, a maior parte dos medios de comunicación calan, manipulan ou retuercen a información para satisfacción de quen lles achegan cuantiosas subvencións. Do mundo da cultura oficial, mellor non falar.
Eu, como tantos, exclamo: ¡Vaia democracia temos! E imos a peor cada vez, señorías. Impórtanos, e moito, a resposta á situación económica, pero tamén a falta de ética da nosa clase política e de amplos sectores da nosa sociedade. A crise non é só económica, seguramente foi a crise ética a que xerou tantos abusos, tanta avaricia, tanta corrupción e irresponsabilidade como a que desencadeou a crise financeira. Pero a política non fala desa verdade. Ata cando? En Galicia temos agora unha boa oportunidade para iniciar a rexeneración. Aos cidadáns gustaríanos moito.
Andrés Precedo

1 comentario:

  1. Y sigue la corrupción generalizada en el estado: partidos ilegalizados frente a las recomendaciones de la ONU, inmigrantes perseguidos y criminalizados, políticos y partidos enriquecidos a cuenta de los ciudadanos manipulados, prensa e intelectuales sometidos al “pensamiento de la gente de bien”, personas “ilegales” o “contaminadas”, cinismo por doquier en defensa de los derechos humanos

    ¡VAYA DEMOCRACIA!

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.